Atentos ao tempo que nos da a subestación e ás marcas de vento, choiva etc. Preme na imáxe da foto para poder acceder.
16/11/2009 GMT 1
15/11/2009 GMT 1
No tempo das castañas: Unha receita.
CASTAÑAS EN ALMIBAR:

Ingredientes necesarios:
1 quilos de castañas peladas
1 quilos de azucre
3 cucharadas de ron
Como se prepara:
Cócense as castañas en moita auga, ata que están tenras. Agárdase a que se enfrien e quítaselles a segunda pel. Por cada quilo de castañas facemos almíbar con 1 quilo de azucre e 2 vasos de auga.
Cando o almíbar teña punto de hebra engádense as castañas, e cocíñanse a lume lento movendo sen romper.
Cando estean tenras por dentro colocar nos frascos onde se vaian a conservar. O almíbar restante férvese con dous ou tres cucharadas de ron e vértese sobre as castañas.
14/11/2009 GMT 1
MAGOSTO 2009: Xogos no Pavillón
O día 6 de Novembro celebrouse o Magosto no colexio "A Magdalena", despois do recreo acudimos ao Pavillón a facer uns xogos variados, que realizamos de xeito simultáneo, cambiando cando sonaba o silbato...
Pola tarde: Un baile no Ximnasio...
Na sesión de tarde os nenos maiores fixeron un baile no Ximnasio do centro, que presenciamos tódolos compañeiros, e que foi moi aplaudido:
e Degustación de Castañas e batidos:
A continuación acudimos ao patio cuberto e alí degustamos castañas e batidos cedidos pola ANPA do colexio:
12/11/2009 GMT 1
Mostra de Productos do Outono:
Nestes días os nenos e nenas foron traendo productos típicos do outono que se colocaron nunha exposición na entrada principal do colexio a ambos lados do corredor principal.
Aquí temos unhas imáxes do que alí se pode ver:


Chúzao
del.icio.us


