Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O GALEGO SEN FRONTEIRAS
Actividades do Departamento de Normalización Lingüística do C.E.I.P. "A Magdalena"-As Pontes

Arquivo: Xuño 2008

24/06/2008 GMT 1

Muiñeira de Carantoña. Barcelona 2006

galegomadanela @ 07:19

O Centro Galego de Barcelona

galegomadanela @ 07:02

logotipo.jpg

Como parte do Proxecto de Normalización Lingüística do Centro : "Galego sin fronteiras". Os alumnos de sexto curso de Primaria acompañados de dúas profesoras trasladáronse nos primeiros días do mes de Xuño a visitar o Centro Galego de Barcelona, tamén visitaron Port Aventura e fixeron un percorrido pola cidade.


Un pouco de historia: O Centro Galego de Barcelona é a institución decana de tódalas entidades galegas en Catalunya, polos seus locais pasaron figuras do mundo da pintura, da política, da literatura, da prensa e doutros tantos campos que fixeron do Centro Galego de Barcelona un expoñente vivo e actual da cultura galega na sociedade barcelonesa e catalana.
Grandes persoeiros galegos coma Otero Pedrayo, Castelao, Vicente Risco, Pórtela Valladares, Álvaro Cunqueiro, Prieto Nespereira, García Patiño, Pura Vázquez,... entre outros deixaron a súa pegada nesta casa converténdoa na "ambaixada galega" en Barcelona.
Xa hai máis de 50 anos que nos atopamos nas ramblas barcelonesas no marabilloso piso principal do número 35-37, que fora propiedade da familia Güell. Neste esplendoroso local constituíuse unha das máis importantes bibliotecas de temática galega de fóra de Galicia, xa que a Biblioteca Otero Pedrayo conta con máis de 10.000 volumes dentre os cales hai verdadeiras xoias. Actualmente estase facendo un inxente labor por parte do bibliotecario (Pedro Feliz), xa que esta introducindo as referencias bibliográficas no Sistema Meiga da Xunta de Galicia, iso comporta que os usuarios de internet poden facer consultas do material que dispón a biblioteca en calquera momento, actualmente xa hai uns 2.500 volumes en liña.
As instalacións do centro son un restaurante propio que foi renovado totalmente en outubro do pasado ano, rexentado por D. Alicia González, nel pódense degustar productos típicos de Galicia de gran calidade tódolos días da semana agás os luns.
Os socios do Centro Galego de Barcelona actualmente poden gozar dos cursos de gaita, baile, percusión, música coral, solfexo, acordeón, pintura, lingua galega... e tamén das conferencias, coloquios, tertulias, teatro e outro tipo de actividades culturáis que se desenvolven ó longo do ano.

O Galego está de moda

galegomadanela @ 06:55

collage1.jpg
Os nenos e nenas de 1º e 2º curso de ensino primario, visitaron a exposición "DIÁLOGO COA ARTE",adicada á moda, na Fundación Caixa Galicia de A Coruña e puideron facer os seus propios deseños

01/06/2008 GMT 1

ENTRE NÓS EN GALEGO

galegomadanela @ 22:36

espalla_galegoredu.jpgAmosamos aquí un cartel premiado na campaña "Entre nós en galego". Levou o terceiro premio de cartel e lema.

Outro traballo presentado nesa campaña:

galegomadanela @ 22:22

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis