Himno pola PAZ
Non atopei ningún video en Galego pero pareceume tan bonita esta canción feita por un cantautor chileno que a poño aquí mentras non fagamos nós a nosa versión.
Non atopei ningún video en Galego pero pareceume tan bonita esta canción feita por un cantautor chileno que a poño aquí mentras non fagamos nós a nosa versión.
Esta celebración é unha oportunidade máis de contribuír a que os centros escolares se convirtan en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Non debemos de esquecer que a escola é un reflexo dunha sociedade coa que comparte defectos, pero nela tamén se educa para a vida e búscase desenvolver nos alumnos as capacidades e competencias necesarias para unha participación social activa.
Por todo iso, habemos de contribuír, a través da educación, á concienciación de todos na construcción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades no seo dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.
Con palabras.
(¡Quitade as espoletas Sen pistolas. Con palabras Soamente con palabras Sen pistolas. Con palabras Máis nada que con palabras Sen paixóns que creben a harmonía Sen odios. Sen o choro nin a morte Sen pistolas. (Fundiremos en cánticos de amor ¡Soamente con palabras! CRISTOBAL VEIGA
ás bombas!)
Sen tanques e sen espadas.
imos construír o mundo
do futuro
sobre un campo de rosas verdi-granas...
Sen metralla.
Sen sangue e sen rancor
que eclipsen a bondade das miradas.
imos levantar castelos
de ilusións
entre as nubes de douradas praias.
das almas.
que deixen ao seu paso as batallas.
Sen a tétrica voz dos canóns
para cargar de cruces
os galos da diana.
continentes e razas
para construír os mundos do futuro
con palabras).
Este Nadal fixeron a postal os nenos e nenas de Segundo Curso de Ensino Primario, esta postal foi enviada ás familias, aos outros centros, e a proveedores.