Agora que empezan as vacacións:
Podes aproveitar para coñecer a nosa terra e convidar a outras persoas a que veñan a este precioso recuncho onde nos tocou vivir:
Podes aproveitar para coñecer a nosa terra e convidar a outras persoas a que veñan a este precioso recuncho onde nos tocou vivir:
Hoxe domingo na Voz de Galicia o escritor galego na súa columna VENTO NAS VELAS da a súa opinión sobre a enquisa que se propón sobre o idioma galego, alí suliña os requisitos que debería reunir a enquisa:
"
Unha consulta destas características, á marxe da consideración táctica ou estratéxica que queiramos darlle, debería reunir uns requisitos que de ningunha maneira se cumpren.
Primeiro: tería que formularse cun cuestionario máis amplo, cientificamente avaliado, que sitúe realmente o idioma no seu contexto, incluso na legalidade vixente (Estatuto de Autonomía, Lei de Normalización Lingüística).
Segundo: debería realizarse dende institucións independentes, non dende unha das partes implicadas. Existen no país organismos competentes que, noutras circunstancias, poderían, e se cadra mesmo deberían, realizar esta sondaxe (as Universidades, o Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, por citar só algúns, mesmo de carácter institucional). Neste sentido a consulta é claramente sectaria.
Terceiro: unha consulta destas características non pode facerse en quente, enguedellados neste clima de liortas partidarias nas que a lingua (a lingua propia de Galicia) se presenta ou coma unha mercadoría de transacción ou coma unha arma que se arrebola contra o contrario segundo os intereses de cada parte. ¿De que consenso podemos falar con este tipo de prácticas?
Cuarto: ¿que garantías temos de que os resultados respondan á opinión libremente expresada e non sexan amañados a conveniencia da parte contratante? ¿U-la institución de arbitraxe que debería garantir a fiabilidade do inquérito?
Quinto: ¿que nivel de coñecemento obxectivo ten a cidadanía sobre estas cuestións, abafada pola guerra mediática que está tendo lugar e sen capacidade de debate? ¿Por que exclusivamente os pais e non o conxunto dos cidadáns? ¿E os profesores? ¿Non teñen nada que dicir? ¿Alguén cre, sinceramente, que por esta vía imos construír un modelo integrador?
"
A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística de Galicia ven de editar un tríptico que ten por título "AS LINGUAS SUMAN".
Para poder ler o contido preme nesta dirección:
http://www.coordinadoraendl.org/doc/linguassuman.pdf
Eles tamén falan galego: