Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O GALEGO SEN FRONTEIRAS
Actividades do Departamento de Normalización Lingüística do C.E.I.P. "A Magdalena"-As Pontes

12/11/2009 GMT 1

Mural de Outono de Primaria:

galegomadanela @ 15:15

mural_1.JPG

Mural do Outono de Infantil:

galegomadanela @ 15:13

img_0849.JPG

Entrega de Premios "O Mundo da Micoloxía":

galegomadanela @ 15:10

Aqui temos a un grupo de alumnos de Sexto de Primaria recibindo o premio polo seu traballo de mans da concelleira de cultura:

premio_sexto.JPG

.

galegomadanela @ 15:10

Aquí un grupo de nenos e nenas de Segundo de Primaria recibe o premio de mans do Concelleiro Sr. Alén:

premio_segundo.jpg

.

galegomadanela @ 15:09

Traballos presentados no certame "O Mundo da Micoloxía"

galegomadanela @ 15:08

XXV anos da Feira de "Fungos e Cogomelos"

galegomadanela @ 15:07

Este ano 2009 acadouse a XXV Feira de Fungos e Cogomelos na nosa vila, este é o cartel anunciador. O día foi chuvioso e ainda así concorreu un gran número de persoas e presentáronse moitas cestas de cogumelos ao concurso.

feira-cogomelos.jpg

08/11/2009 GMT 1

Obxectivos para o curso 2009-2010

galegomadanela @ 13:01

Os obxectivos que para este curso pretendemos levar a cabo son os seguintes:

  • Empregar o galego oral nas relacións espontáneas cotiás con todos os membros da comunidade educativa.
  • Empregar o galego nos murais, carteis, postais de Nadal, felicitacións..
  • Facer dramatizacións de textos ou pequenas obras de teatro de autores galegos nos festivais do colexio.
  • Realizar actividades de animación á lectura en galego a ser posible con persoal especializado alleo ao centro.
  • Realizar traballos empregando os libros de consulta en galego da Biblioteca.
  • Fomentar o gusto polo visionado de películas en galego.
  • Fomentar o interese pola lectura dos xornais escritos en galego.
  • Coñecer diversos aspectos da localidade e do entorno máis próximo: institucións, servizos, instalacións... Visita a Lugo e Castro de Viladonga.
  • Coñecer un sector representativo da economía galega: visita a unha queixería de Vilalba.
  • Conservar o patrimonio cultural oral e musical do entorno e da Comunidade, colaborando co Conservatorio, o Concello.. etc
  • Conmemorar as tradicións propias de Galicia: Magosto, Entroido facendo intercambio con outros centros educativos da localidade.
  • Utilizar as TICs para o visionado de traballos, contos, películas e reportaxes.
  • Dar a coñecer as diferentes rutas do Camiño de Santiago para a realización de actividades de reforzo en comprensión lectora e cálculo en galego.
  • Contribuir ao desenvolvemento das competencias básicas.
  • Confeccionar unha revista onde se recollerán as actividades que se fixeron ao longo do curso.
  • Participar no Certame das Boliqueiras.
  • Investigar sobre Uxío Novo Neira (Letras Galegas 2010) e a súa relación con As Pontes.

Membros do Departamento /Curso 2009-2010

galegomadanela @ 12:48

No curso 2009-2010 forman parte do Departamento de Normalización Lingüística do CEIP "A Magdalena" :

  • Mª Carmen Rivas Almeida. Ed Infantil (Coordinadora)
  • Silvia García Pinal. 1º Ciclo de Primaria.
  • Xosé Nel Comba Paz. 2º Ciclo de Primaria.
  • Mª Teresa Fresco López. 3º Ciclo de Primaria.
  • Elena Coira Cruz. 3º Ciclo de Primaria.

07/11/2009 GMT 1

Himno :

galegomadanela @ 10:23


Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis