Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O GALEGO SEN FRONTEIRAS
Actividades do Departamento de Normalización Lingüística do C.E.I.P. "A Magdalena"-As Pontes

27/09/2009 GMT 1

.

galegomadanela @ 15:38

Myspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace Glitter Myspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace Glitter Myspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace Glitter

Agora que empezan as vacacións:

galegomadanela @ 23:09

Podes aproveitar para coñecer a nosa terra e convidar a outras persoas a que veñan a este precioso recuncho onde nos tocou vivir:


17/06/2009 GMT 1

Nestas andamos...

galegomadanela @ 07:36

galego_carrabouxo.jpg

14/06/2009 GMT 1

Na Voz de Galicia: Victor F. Freixanes sobre a Enquisa.

galegomadanela @ 19:27

Hoxe domingo na Voz de Galicia o escritor galego na súa columna VENTO NAS VELAS da a súa opinión sobre a enquisa que se propón sobre o idioma galego, alí suliña os requisitos que debería reunir a enquisa:

"

Unha consulta destas características, á marxe da consideración táctica ou estratéxica que queiramos darlle, debería reunir uns requisitos que de ningunha maneira se cumpren.
Primeiro: tería que formularse cun cuestionario máis amplo, cientificamente avaliado, que sitúe realmente o idioma no seu contexto, incluso na legalidade vixente (Estatuto de Autonomía, Lei de Normalización Lingüística).
Segundo: debería realizarse dende institucións independentes, non dende unha das partes implicadas. Existen no país organismos competentes que, noutras circunstancias, poderían, e se cadra mesmo deberían, realizar esta sondaxe (as Universidades, o Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, por citar só algúns, mesmo de carácter institucional). Neste sentido a consulta é claramente sectaria.
Terceiro: unha consulta destas características non pode facerse en quente, enguedellados neste clima de liortas partidarias nas que a lingua (a lingua propia de Galicia) se presenta ou coma unha mercadoría de transacción ou coma unha arma que se arrebola contra o contrario segundo os intereses de cada parte. ¿De que consenso podemos falar con este tipo de prácticas?
Cuarto: ¿que garantías temos de que os resultados respondan á opinión libremente expresada e non sexan amañados a conveniencia da parte contratante? ¿U-la institución de arbitraxe que debería garantir a fiabilidade do inquérito?
Quinto: ¿que nivel de coñecemento obxectivo ten a cidadanía sobre estas cuestións, abafada pola guerra mediática que está tendo lugar e sen capacidade de debate? ¿Por que exclusivamente os pais e non o conxunto dos cidadáns? ¿E os profesores? ¿Non teñen nada que dicir? ¿Alguén cre, sinceramente, que por esta vía imos construír un modelo integrador?

"

10/06/2009 GMT 1

As linguas SUMAN:

galegomadanela @ 10:27

lingua.jpg

A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística de Galicia ven de editar un tríptico que ten por título "AS LINGUAS SUMAN".
Para poder ler o contido preme nesta dirección:
http://www.coordinadoraendl.org/doc/linguassuman.pdf

04/06/2009 GMT 1

Galego falantes sen fronteiras...

galegomadanela @ 19:13

Eles tamén falan galego:


31/05/2009 GMT 1

.

galegomadanela @ 09:35

Myspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace Glitter Myspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace Glitter Myspace GlitterMyspace Glitter Myspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace Glitter

24/05/2009 GMT 1

FESTIVAL "LETRAS GALEGAS 2009"

galegomadanela @ 09:24

O venres día 15 de Maio a partir das 12,30 da mañá celebrouse o Festival das Letras Galegas que foi presentado por Laura e Lucía e que contou con diferentes actuacións como se ve nos post deste blogue.

img_6279.JPG

C.E.I.P "A MAGDALENA"
LETRAS GALEGAS 2009

1- Obra de teatro: "A bomba e o xeneral" represéntana os nenos/as de 5º curso
2- Canción "Os bichiños pequeniños" nenos/as de E. Infantil 3-4 anos.
3- Danza "Carillón de Dunkerke" nenos/as de E. Inf. 5 anos e os de 1º curso.
4- Conto musicado "A princesa e o oso" nenos/as de 2º nivel
5- Recitado de poemas e canción coas frautas "Tambor e pandeiro"
6- Cantan e tocan as cancións: "Eu non sei" e "Barcarola" os nenos/as de 4º
7- Rematan os alumnos/as de 6º cantando e escenificando os oficios galegos coas cancións:
-A solteiriña
-Quen te ensinou
-O amor da costureira
-Ven bailar Carmiña
-Velaí vén o gaiteiro.
8- Ao final todos cantaremos o "HIMNO GALEGO"

Agradecemos a Laura e a Lucía a presentación e colaboración co Festival.

Nenos e nenas de E.Infantil de 3 e 4 anos:

galegomadanela @ 09:22

Cantaron e representaron a canción "Os bichiños pequeniños":

800_collage_actuando1.jpg

Danza "Carillón de Dunkerke" :

galegomadanela @ 09:21

Os nenos e nenas de Educación Infantil de 5 anos xunto cos alumnos de 1º curso de Primaria bailaron unha danza titulada: "Carillón de Dunkerke":

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis