25/02/2009 GMT 1
09/02/2009 GMT 1
.
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os antroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de acontecemento turístico nacional
A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación. Na zona norte de Galiza emprégase antroido, como no antroido ribadense e na zona da Fonsagrada, incluso Monforte de Lemos e Viana do Bolo, mentres que no sur é máis frecuente entroido. A palabra aparece citada desde o século XIII
Datas principales do entroido:
• Domingo fareleiro
• Domingo oleiro
• Xoves de compadres
• Domingo corredoiro
• Xoves de comadres
• Domingo de antroido
• Luns de antroido
• Martes de antroido
• Mércores de cinza
• Domingo de piñata
08/02/2009 GMT 1
O Mural de Primaria:
Na entrada do pavillón de Primaria hai colocado un mural de grandes dimensións sobre o tema da PAZ:
Manifesto pola PAZ:
Os corredores do colexio decoráronse con murais alusivos á celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia, aqui temos unha mostra:
Comida de convivencia no comedor do colexio:-
Este ano acudiron á comida de convivencia uns pais elexidos ao chou para que non sempre lles tocase aos mesmos e tamén os representantes do Consello Escolar, o profesorado e todo o alumnado do centro.
Cantamos unha canción pola PAZ:
Despois de varios días de ensaio nas clases de Música e tamén nas aulas coas titoras, o día 30, tódolos nenos e nenas do colexio cantamos unha canción pola Paz.
Aquí temos unhas imáxes:
18/01/2009 GMT 1
Himno pola PAZ
Non atopei ningún video en Galego pero pareceume tan bonita esta canción feita por un cantautor chileno que a poño aquí mentras non fagamos nós a nosa versión.
LENDA DO ARCO DA VELLA
Represento o pensamento e a reflexión e as augas profundas. Necesitádesme para o equilibrio, o contraste e a paz interior.
DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Esta celebración é unha oportunidade máis de contribuír a que os centros escolares se convirtan en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Non debemos de esquecer que a escola é un reflexo dunha sociedade coa que comparte defectos, pero nela tamén se educa para a vida e búscase desenvolver nos alumnos as capacidades e competencias necesarias para unha participación social activa.
Por todo iso, habemos de contribuír, a través da educación, á concienciación de todos na construcción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades no seo dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.



Chúzao
del.icio.us







