Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O GALEGO SEN FRONTEIRAS
Actividades do Departamento de Normalización Lingüística do C.E.I.P. "A Magdalena"-As Pontes

18/01/2009 GMT 1

POEMA: "Armas de futuro"

galegomadanela @ 10:13

Con palabras.


(¡Quitade as espoletas
ás bombas!)

Sen pistolas.
Sen tanques e sen espadas.

Con palabras

Soamente con palabras
imos construír o mundo
do futuro
sobre un campo de rosas verdi-granas...

Sen pistolas.
Sen metralla.
Sen sangue e sen rancor
que eclipsen a bondade das miradas.

Con palabras

Máis nada que con palabras
imos levantar castelos
de ilusións
entre as nubes de douradas praias.

Sen paixóns que creben a harmonía
das almas.

Sen odios. Sen o choro nin a morte
que deixen ao seu paso as batallas.

Sen pistolas.
Sen a tétrica voz dos canóns
para cargar de cruces
os galos da diana.

(Fundiremos en cánticos de amor
continentes e razas
para construír os mundos do futuro
con palabras).

¡Soamente con palabras!

CRISTOBAL VEIGA

08/01/2009 GMT 1

A POSTAL DE NADAL:

galegomadanela @ 18:07

Este Nadal fixeron a postal os nenos e nenas de Segundo Curso de Ensino Primario, esta postal foi enviada ás familias, aos outros centros, e a proveedores.


28/12/2008 GMT 1

Cantos e danzas de Reis

galegomadanela @ 11:28

Na nosa terra pasadas as festas de Nadal, comezan ás de Reis son típicos destas festas Os Cantos de Reis e no sur de Galicia tamén as danzas.

Este video que aquí seleccionamos amosa a explicación destas festas e a súa manifestación folckórica.

As presentadoras do Festival de Nadal:

galegomadanela @ 09:22

Tódolos nenos e nenas que participaron no festival fixeron moi bo traballo, queremos destacar tamén ás presentadoras que non tiveron ningún fallo e que o fixeron coma verdadeiras profesionais.

Felicitacións e agradecemento para Eugenia e Noelia que son alumnas de Terceiro de Primaria.

img_3142.JPG

OBRA DE TEATRO: Quen víu ao meu neno?

galegomadanela @ 09:10

Os alumnos de Sexto curso de Primaria, representaron un Auto de Nadal que ten por título "Quen víu ao meu neno?" do que aquí amosamos algunhas imáxes.

Saíulles moi ben e estaban perfectamente caracterizados ¡Noraboa!


Os nenos de Primaria cantan Panxoliñas:

galegomadanela @ 09:01

Cada curso de Primaria interpretou unha panxoliña:
Os de Primeiro actuaron xunto cos de Infantil e a panxoliña tiña por título "Buscando unha estrela"
Os de Segundo curso interpretaron "O pelo roxiño"
Os de Tereceiro Curso cantaron a panxoliña "Tan, tan"
Os alumnos de Cuarto de Primaria cantaron "Aló entre as pallas"
Os alumnos de Sexto ao rematar a obra de teatro interpretaron "Marchemos alegres" acompañados á frauta traveseira por Carmen Bóo Rivas.

CONTO MUSICADO: "A noite de Nadal"

galegomadanela @ 08:55

Os alumnos de Educación Infantil, xunto cos de 1º de Primaria; acompañados á frauta por un grupo de nenos de 5º de Primaria que tocan a "Canción de Berce" de Brhams fan a representación musicada do Conto "A noite de Nadal" e rematan cantando a panxoliña "Buscando unha estrela"
Os pitiños tocan os crótalos, as pingas de auga as claves, as rás tocan as cunchas, os gatiños os axouxeres e os peixes tocan as maracas...

Aquí temos unhas imáxes da representación:


25/11/2008 GMT 1

Unha charla interesante...

galegomadanela @ 17:56

Este curso continuamos co proxecto "GALEGO SEN FRONTEIRAS". Esta actividade ten a finalidade de concienciar a alumnos/as do feito que supuxo a emigración na nosa historia.

A nosa conferenciante recordounos cono na súa casa se facían as comidas típicas galegas e comoa ela coñecía as nosas paisaxes, ainda sen estar nelas, xa que o seu pai contáballo pois non quería perder o fío que o unía ao noso pobo.

DEPARTAMENTO DE NORMALIZACIÓN 2008/2009

galegomadanela @ 17:55

Entre os obxectivos sinalados para este curso podemos destacar:

- Tomar conciencia da lingua como transmisora da cultura propia e de unión entre as persoas.

- Utilizar as TIC como fonte de información e como medio de comunicación.

- Empregar tanto a lingua oral como a escrita para comunicarnos con persoas que non comparten o mesmo espacio xeográfico ca nós.

- Coñecer unha etapa da historia de Galicia : emigración, inmigración.

- Visitar un centro galego doutra comunidade.

- Incentivar nos alumnos/as o gusto pola expresión en lingua galega cos seus compañeiros e cos demáis.

24/06/2008 GMT 1

Muiñeira de Carantoña. Barcelona 2006

galegomadanela @ 07:19

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis