ASI COMEZA...
Nace este libro para recoller aquelas tarefas, ideas e inquedanzas que pola nosa lingua se teñen no
C.E.I.P "A Magdalena".
Somos conscientes de que o galego, a nosa lingua, é algo que os nenos queren e que nós debemos darlles exemplo e pulo para a súa pervivenza.
Imos comezar cun ánaco do poema de Celso Emilio Ferreiro que se titula
DEITADO FRENTE Ó MAR
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falala fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
CELSO EMILIO FERREIRO

Chúzao
del.icio.us
