Biografía de Xosé María Álvarez Blázquez.

Os nenos e nenas de terceiro contaron a vida de Xosé María Álvarez Blázquez en forma de conversa entre amigos.
Amosamos aquí o video dun poema musicado do autoe e tamén unha resumida reseña biográfica:
A figura elixida pola Academia para o Día das Letras Galegas 2008 é unha das máis polifacéticas da nosa literatura. Poeta, narrador, editor, historiador, arqueólogo, orador, pedagogo... A actividade de Xosé María Álvarez Blázquez a prol da cultura abrangueu tantos campos e tan diversos que non resulta doado resumir o seu legado. A súa produción cultural goza este ano da atención que esixe, pero tamén o seu papel como editor: esta é, probabelmente, a faceta súa á que máis lle deben as nosas letras. Fundador e animador das editoriais Monterrey e Castrelos, foi grazas a Xosé María que a obra literaria galega ocupou o seu lugar nos andeis de moitas casas.
As súas obras literarias pertencen a diferentes estilos literarios: Narrativa, Poesía, Ensaio e Teatro.
En Narrativa destacaremos unha: “A pega rabilonga e outras historias de tesouros” .
En Poesía: “Roseira do teu mencer”
En Ensaio: “Escolma da poesía medieval”
En Teatro: “Los pazos altivos”

Chúzao
del.icio.us
