A LENDA DE SAN ROSENDO

O día 27 de Maio os nenos do segundo e terceiro ciclo de Primaria fixeron unha visita ás Fragas do Eume. Alí a guía contoulles esta lenda:
En San Xoán de Caaveiro (A Capela), mosteiro que el mesmo funda trala súa estancia docente en Mondoñedo, pasa Rosendo unha tempada, segundo a historia, ou sete anos, segundo a tradición. Un día levántase do soño e, tras observar o ceo, ocórreselle comentar: "¡Que día tan malo!" Axiña cae na conta de que a frase é un insulto á obra de Deus e decide tirar o seu anel ao río Eume, pedindo ao ceo que llo devolva cando considere que está perdoado da súa falta.
Sete anos máis tarde, cando frei Pucheros está preparando un reo do Eume _ nalgunhas partes din unha troita _, atopa no seu estómago o anel do santo. Faillo saber a este e Rosendo comprende que a súa soberbia meteorolóxica foi perdoada.

Chúzao
del.icio.us
