DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Esta celebración é unha oportunidade máis de contribuír a que os centros escolares se convirtan en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Non debemos de esquecer que a escola é un reflexo dunha sociedade coa que comparte defectos, pero nela tamén se educa para a vida e búscase desenvolver nos alumnos as capacidades e competencias necesarias para unha participación social activa.
Por todo iso, habemos de contribuír, a través da educación, á concienciación de todos na construcción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades no seo dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.

Chúzao
del.icio.us
