Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O GALEGO SEN FRONTEIRAS
Actividades do Departamento de Normalización Lingüística do C.E.I.P. "A Magdalena"-As Pontes

18/01/2009 GMT 1

LENDA DO ARCO DA VELLA

galegomadanela @ 10:45
Contan que fai moito tempo as cores empezaron a pelexarse. Cada un proclamaba que el era o máis importante, o máis útil, o favorito.


O verde dixo: ?Sen dúbida, eu son o máis importante. Son o signo da vida e a esperanza. Téñenme escollido para a herba, as árbores, as follas. Sen min todos os animais morrerían. Mirade ao redor e veredes que estou na maioría das cousas?.


O azul interrompeu: ?Ti só pensas na terra, pero considera o ceo e o mar. O auga é a base da Vida e son as nubes as que a absorben do mar azul. O ceo dá espazo, e paz e serenidade. Sen a miña paz non seriades máis que afeccionados.


O amarelo soltou unha risiña: ?¡Vós sodes tan serios! Eu traio ao mundo risas, ledicia e calor. O sol é amarelo, a lúa é amarela, as estrelas son amarelas. Cada vez que mirades a un xirasol, o mundo enteiro comeza a sorrir. Sen min non habería ledicia?.


A continuación tomou a palabra o laranxa: ?Eu son a cor da saúde e da forza. Podo ser pouco frecuente pero son precioso para as necesidades internas da vida humana. Eu transporto as vitaminas máis importantes. Pensade nas cenouras, as cabazas, as laranxas, os mangos e papaias. Non estou, todo o tempo dando voltas, pero cando coloreo o ceo no amencer ou no solpor a miña beleza é tan impresionante que ninguén pensa en vós?.


O vermello non podía conterse por máis tempo e saltou: ?eu son a cor do valor e do perigo. Estou disposto a loitar por unha causa. Traio lume ao sangue. Sen min a terra estaría baleira como a lúa. Son a cor da paixón e do amor; da rosa vermella, a flor de pascua e a papoula?.


O púrpura arroibou con toda a súa forza. Era moi alto e falou con gran pompa: ?Son a cor da realeza e do poder. Reis, xefes de Estado, bispos, escolléronme sempre, porque o signo da autoridade e da sabedoría. A xente non me cuestiona; escóitame e obedéceme?.


O añil falou moito máis tranquilamente que os outros, pero con igual determinación: ?Pensade en min. Son a cor do silencio. Raramente repararedes en min, pero sen min todos seriades superficiais.
Represento o pensamento e a reflexión e as augas profundas. Necesitádesme para o equilibrio, o contraste e a paz interior.


Así foi como as cores estiveron presumindo, cada un convencido de que el era o mellor. A súa pelexa fíxose máis e máis ruidosa. De súpeto, apareceu un resplandor de luz branca e brillante.
Había relámpagos que retumbaban con estrépito. A choiva empezou a caer a cachón, implacablemente. As cores comezaron a acurrucarse con medo, achegándose uns a outros buscando protección.
A choiva falou: ?Estades tolos, cores, loitando contra vós mesmos, intentando cada un dominar ao resto. ¿Non sabedes que todos fostes creados para un obxectivo especial, único, diferente. Debemos entendernos entre todos.


Xuntade @o voso mans e vide
Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis