Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O GALEGO SEN FRONTEIRAS
Actividades do Departamento de Normalización Lingüística do C.E.I.P. "A Magdalena"-As Pontes

18/01/2009 GMT 1

POEMA: "Armas de futuro"

galegomadanela @ 10:13

Con palabras.


(¡Quitade as espoletas
ás bombas!)

Sen pistolas.
Sen tanques e sen espadas.

Con palabras

Soamente con palabras
imos construír o mundo
do futuro
sobre un campo de rosas verdi-granas...

Sen pistolas.
Sen metralla.
Sen sangue e sen rancor
que eclipsen a bondade das miradas.

Con palabras

Máis nada que con palabras
imos levantar castelos
de ilusións
entre as nubes de douradas praias.

Sen paixóns que creben a harmonía
das almas.

Sen odios. Sen o choro nin a morte
que deixen ao seu paso as batallas.

Sen pistolas.
Sen a tétrica voz dos canóns
para cargar de cruces
os galos da diana.

(Fundiremos en cánticos de amor
continentes e razas
para construír os mundos do futuro
con palabras).

¡Soamente con palabras!

CRISTOBAL VEIGA

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis