Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O GALEGO SEN FRONTEIRAS
Actividades do Departamento de Normalización Lingüística do C.E.I.P. "A Magdalena"-As Pontes

26/04/2009 GMT 1

Asinar o Manifesto "O galego é útil" e algunhas das testemuñas:

galegomadanela @ 14:29

Queres asinar o manifesto? Entón preme para enviarnos unha mensaxe ou escríbenos a galegosmorrinhentos[arroba]googlemail[punto]com indicando o teu nome e se podes engade tamén a túa testemuña.

http://ogalegoeutil.wordpress.com/

Escrito asinado por Steve Porter, tradutor, profesor e escritor
Son escocés e levo moitos anos escoitando as mesmas críticas sobre as outras linguas nativas de Escocia: o “scots” e o gaélico. Eu crecín bilingüe en inglés e máis escocés.
Aínda que é verdade que teño certa facilidade para aprender linguas, creo que o feito de ter crecido bilingüe axudoume coa aprendizaxe. Aínda máis agora que falo varias linguas latinas.
No meu entorno profesional vexo provas dabondo que demostran que a xente bilingüe ou a xente que xa sabe dúas linguas ten mellores posibilidades de aprender outras. Tamén creo que as persoas monolingües, sexa en inglés, o castelán o cal quer outra, son elas que ten as mais dificultades de aprender ben o aínda tomar en serio a utilidade das outras.

No caso do galego, é unha lingua que complimenta os meus estudios do portugués e non teño dúbida que é útil (todos linguas son porque tamén abre a porta dunha cultura).

Non podo ver ningún problema co seu manifesto. Nora boa e sorte!

Este é o meu blog (no inglés) sobre Galiza. Ten moitas temas correntes sobre a lingua:

http://galidonia.blogspot.com

Testemuña de Helena Villar Janeiro:

Estimados amigos: Queremos adherirnos ao voso manifesto, tan cheo de sentido común e de explicacións convincentes. Como ensinantes, tiñamos xa esa referencia directa de alumnos que, unha vez en Londres, nos agradeceron telos encamiñado á comunicación coa lusofonía.

Cunha aperta fraternal na lingua

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis