Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O GALEGO SEN FRONTEIRAS
Actividades do Departamento de Normalización Lingüística do C.E.I.P. "A Magdalena"-As Pontes

14/06/2009 GMT 1

Na Voz de Galicia: Victor F. Freixanes sobre a Enquisa.

galegomadanela @ 19:27

Hoxe domingo na Voz de Galicia o escritor galego na súa columna VENTO NAS VELAS da a súa opinión sobre a enquisa que se propón sobre o idioma galego, alí suliña os requisitos que debería reunir a enquisa:

"

Unha consulta destas características, á marxe da consideración táctica ou estratéxica que queiramos darlle, debería reunir uns requisitos que de ningunha maneira se cumpren.
Primeiro: tería que formularse cun cuestionario máis amplo, cientificamente avaliado, que sitúe realmente o idioma no seu contexto, incluso na legalidade vixente (Estatuto de Autonomía, Lei de Normalización Lingüística).
Segundo: debería realizarse dende institucións independentes, non dende unha das partes implicadas. Existen no país organismos competentes que, noutras circunstancias, poderían, e se cadra mesmo deberían, realizar esta sondaxe (as Universidades, o Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, por citar só algúns, mesmo de carácter institucional). Neste sentido a consulta é claramente sectaria.
Terceiro: unha consulta destas características non pode facerse en quente, enguedellados neste clima de liortas partidarias nas que a lingua (a lingua propia de Galicia) se presenta ou coma unha mercadoría de transacción ou coma unha arma que se arrebola contra o contrario segundo os intereses de cada parte. ¿De que consenso podemos falar con este tipo de prácticas?
Cuarto: ¿que garantías temos de que os resultados respondan á opinión libremente expresada e non sexan amañados a conveniencia da parte contratante? ¿U-la institución de arbitraxe que debería garantir a fiabilidade do inquérito?
Quinto: ¿que nivel de coñecemento obxectivo ten a cidadanía sobre estas cuestións, abafada pola guerra mediática que está tendo lugar e sen capacidade de debate? ¿Por que exclusivamente os pais e non o conxunto dos cidadáns? ¿E os profesores? ¿Non teñen nada que dicir? ¿Alguén cre, sinceramente, que por esta vía imos construír un modelo integrador?

"

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis